Coro
Da estupenda masa crítica acontecida na acción política da PACCG e nunha espontánea articulación dos seus afectos, emerxe, ó seu través, un núcleo de profesionais que continúan xuntas afirmando un maior compromiso e traballo: un movemento propositivo e crítico que acompañe as nosas prácticas instituíntes relativas ó sector das artes vivas galegas e á creación do seu contexto e horizonte político-cultural.
Chamamos a tal nudo de arranque «O CORO»: unha multitude que se aglutina para ter máis forza que cunha mera asociación de individuos ou compañías. Un CORO de afectadas polas políticas das Institucións Culturais que se presenta como potencia e que articula e presenta as nosas voces. Voces autorizadas polo traballo realizado, no histórico das nosas prácticas e das nosas formas, polas compañeiras do sector e amadoras da Arte, e situadas nas boas prácticas que se constrúen colectivamente en Cultura aquí en Galicia.
A potencia é unha capacidade que sempre se desenvolve a través da relación. Somos potencia, un atributo feito das nosas relacións, ficcións poéticas e técnicas, que se desplega como proliferación e aumento das accións do traballo artístico co contexto e os seus desbordamentos discursivos. Un artefacto propositivo e reflexivo para afectar o nosa contorna, creando vida e intelixencia por e para o común.
CORO EN CONSTRUCIÓN
Caterina Varela
Félix Fernández
Fran Martínez
Isabel Sánchez
Mikel Aristegui
Rut Balbís
Sabela Mendoza
Javier Martín
Alexis Fernández
Leodan Rodríguez
Nuria Sotelo
Begoña Cuquejo
Andrea Quintana
Juancho Gianzo
Cris Vilariño
Erick Jiménez
Gena Baamonde
Diego M. Buceta
Estefanía Gómez
Julia Laport
Paula Quintas
Sabela Domínguez